]>
gopher &Lauri.Watts; &Lauri.Watts.mail; MarceVillarino
mvillarino@users.sourceforge.net
Tradutor do proxecto Trasno
gopher comezou como un servizo distribuido de información de campus na Universidade de Minnesota. Gopher permítelle ao usuario aceder a información de servidores Gopher que estexan a executarse en internet. Gopher é un servizo de procura de información en internet que emprega unha interface baseada en menú. Os usuarios escoller información dos menús, que poden devolver outro menú ou mostrar un ficheiro de texto. Un ítem pode residir nun servidor gopher que consultase inicialmente, ou estar en outro servidor de gopher (ou outra máquina). Gopher pode facer un tunel desde un ponto a outro sen que o usuario saiba que mudou de servidor ou de máquina. Gopher mantén a localización exacta dos ordenadores agochada do usuario, o que dá a ilusión dun grande conxunto único de menús interconectados. Gopher permite que o usuario rexistre a localización dun ítem nun marcador, o que permite que os usuarios sigan os marcadores directamente a un ítem particular sen ter que procurar polo sistema de menús. Os menús de gopher non están estandarizados, dado que cada servidor gopher está determinado individualmente.