]> &kthesaurus; Daniel Naber
daniel.naber@t-online.de
mvillarino@users.sourceforge.net
2003-04-12 0.95.00 2002 2003 Daniel Naber &kthesaurus; lista palabras relacionadas cun vocábulo dado e oferece unha interface de usuario para &wordnet;, un potente sistema de referencia léxica. Por omisión, só esta soportado a língua inglesa. KDE thesaurus WordNet sinónimos dicionario léxico Inglés palabras
A Pestana de Sinónimos A páxina de Sinónimos oferece un pequeno dicionario de sinónimos, construído a partir dun subconxunto de &wordnet;. Os resultados están listados en tres categorías: Sinónimos, Palabras Mais Xerais (hperónimos), e Palabras Mais Específicas (hipónimos). Os sinónimos son palabras con significados moi próximos. Non se aplican necesariamente a todos os significados de cada palabra, polo que non sempre se pode substituir unha palabra con calquer sinónimo. Pode facer un duplo-click nunha palabra para procurar os seus sinónimos &etc;. Tamén pode escreber unha palabra directamente no campo Procurar por: e premer Intro. A palabra que estexa visíbel no campo Substituir por: ao fondo será a que se use se preme en Substituír. &kthesaurus; pode ser usado como un programa independente, pero tamén desde outros programas (como &kword;, polo xeral premendo co botón direito nunha palabra e escollendo Mostrar palabras relacionadas). O botón Substituír só ha estar visíbel se escolle unha palabra e preme Mostrar Palabras Relacionadas). O botón Substituír por: só estará visíbel se &kthesaurus; é chamado desde outro programa. Debemos manter o ficheiro de dados pequeno para que poda ser incluído en &koffice; — isto causa varias limitacións (en comparación con &wordnet;): Só son procuradas correspondencias exactas, ⪚ se procura un plural non se atopará ren. Foron suprimidas moitas palabras pouco frecuentes. Non distingue entre partes gramaticais, ⪚ os verbos e os nomes están misturados na lista de palabras. Non discriminará os diferentes significados dunha palabra. Os adxectivos non teñen realmente un significado mais xeral / mais específico, polo que unha palabra pode aparece en mais dunha lista á vez. Aliás, foron engadidas unhas poucas palabras (funcións como if e unha presada de palabras específicas de &kde;). Por favor non informe de erros no dicionario de sinónimos para o proxecto &wordnet;, senón para &kde;. Uso de linguaxes distintas ao Inglés Por defeito, só a língua inglesa ten soporte en &kthesaurus;. Pode comprobar a páxina de obtención de KOffice para consultar que outras línguas están disponíbeis. A páxina de &wordnet; A páxina de &wordnet; fornece unha interface de usuário para unha instalación local de &wordnet; 1.7. &wordnet; é un sistema en liña de referencia léxica cuxo deseño está inspirado por teorías psicolingüísticas recentes da memoria léxica humana.. A interface para o usuario de &kthesaurus; oferece case que todas as opción que están disponíbeis na liña de comandos. Chama ao programa wn, que debe están na súa PATH. Para saber mais acerca de &wordnet;, consulte a páxina man de &wordnet; ou bote unha ollada á páxina web de &wordnet;. Copyright e Licenza O copyright de &kthesaurus; e desta documentación son posuidos por Daniel Naber. mvillarinomvillarino@users.sourceforge.net &underFDL; &underGPL; &documentation.index;